3ª Autonómica
Racing San Lorenzo

Novedades

Comunicado Oficial Fin de temporada Racing San Lorenzo

 30 de Xuño, remata a temporada da volta do equipo de modestos do Racing San Lorenzo e por tanto coma clube de base que somos, toca poñer as notas.

O regreso dos de terceira autonómica estivo marcado polas moitas dificultades que houbo durante este ano. A primeira pedra que atoparon no seu camiño foi a fusión dos grupos 8 e 9, o cal fixo que no canto de ser una liga local onde desfrutar do fútbol na comarca, os xogadores tiveran que sobrepoñerse os largos viaxes e os custos que estes trouxeron consigo. Dende o clube agardamos que a federación reflexionara e devolva as ligas locais a una soa comarca polo ben do fútbol de Santiago.

O seguinte e seguro que máis importante obstáculo que se atoparon os da carballeira foi o infortunio das lesións. Configurouse un plantel curto de efectivos e inda así non houbo nin un só encontro no que estiveran tódolos xogadores. Neste aspecto hai que resaltar a mala sorte que tiveron Manu, Kike, Jorge e Maiki.

  • O cancerbeiro, Manu, estivo máis de tres meses apartado dos terreos de xogo por unha condromalacia crónica no xeonllo, sen embargo, a súa gran forza de vontade, fixo que se recuperara e a pesar das molestias rematara a temporada de novo como gardamallas titular.
  • Kike, despois de varios diagnósticos erróneos, de pedir segundas e terceiras opinións… non puido volver a pisar un terreo de xogo dende o mes de Decembro no que se lesionara. Quen sabe se con un seguro de maior calidade podería ter axudado os seus compañeiros, que abofé notaron a súa baixa. Agardamos que poida iniciar a pretemporada con normalidade.
  • Peteiro, do que xa falamos nesta web, segue a espera dunha operación que cada vez se antolla máis necesaria e que estamos seguros que fará que o noso Manuel Pablo volva con forzas renovadas e de novo volva a galopar pola banda coa súa potencia acostumada.
  • O segundo capitán, Maiki, tivo a mala sorte de lesionarse na última xogada do derradeiro encontro de copa. O igual que o resto de lesionados de gravidade a súa lesión foi no xeonllo e todavía está a espera da realización de novas probas médicas que determinen a gravidade da lesión. Como no resto dos casos tivo que buscar unha segunda opinión, xa que o seguro do fútbol Santiagués parece non funcionar e o final os nosos rapaces teñen que buscar a solución no sector privado. Agardemos que finalmente poida estar cos seus na volta os adestramentos.

Éstes e máis problemas que surxiron o logo do ano, non detiveron os nosos e sobrepuxéronse en todo momento as dificultades facéndose así máis fortes. Os nosos xogadores demostraron que non so a base do clube, os cativos, teñen uns valores moi ben definidos e aprendidos senón que o esforzo, o compañerismo, a solidariedade… son intrínsecos o Racing San Lorenzo e todo o que chega a este equipo ten que abrazar esta forma de ser e de comportarse.

O que comezou como un equipo rematou como unha familia na que todos e cada un membros aportaron o seu grao de área. Dende aquí queremos agradecer a Manu, Souto, Raúl, Adrián, Maiki, Fredi, Miguel, Jorge, Kike, Iago, Sergio, Javi, Gonzalo, Pablo, Rubén, Aldrey, Róber, Juncal e Toño a súa dedicación e o seu esforzo por este escudo e estas cores que tanto queremos. Uns seguirán a vindeira temporada e outros non, pero todos quedarán no noso recordo e sempre formarán parte do San Lorenzo.

Non podemos rematar sen agradecer tamén o traballo dos dous adestradores que estiveron no clube e  por diversos motivos non remataron a temporada. Tanto Ángel como Roberto, axudaron en todo o que puideron e non podemos máis que estar en débeda con eles polo seu esforzo e cariño.

Que dicir dos nosos patrocinadores, tanto Ángel Fernández como Seriland, sen eles este proxecto tería sido inviable. Gracias os dous pola vosa aportación, esperamos non tervos decepcionado e seguir crecendo convosco. Queremos expresar a nosa gratitude tamén xa que os dous confirmaron que seguirán axudando na temporada entrante.

E por último darlle o merecido recoñecemento ás dúas persoas que idearon este retorno. O equipo leva un ano competindo pero eles levan traballando dende moito antes para que O San Lorenzo volvera a competir. Se como dicimos o equipo converteuse nunha familia, de seguro que Jose Moure e Gonzalo Paderne son os pais deste novo Racing San Lorenzo modesto. Moitas gracias os dous por devolverlle ó clube máis antigo de Santiago a identidade perdida.

Por todo isto temos que darlle un aprobado o equipo. Sen embargo, non nos conformamos, na carballeira sempre queremos mellorar, crecer, somos ambiciosos, así que animámolos a que collan forzas (que non kilos) no merecido descanso veraniego para voltar con máis ganas e seguir loitando a temporada que ven por ser merecentes de estar na historia deste clube.