FÚTBOL BASE: Resumos Xornada 03-04 marzo

Boas siareiras e siareiros, unha xornada máis os nosos participaron no espectáculo do fútbol compostelán co seguinte resultado:

F8:

PREBENXAMÍN 1-2 VISTA ALEGRE

Partido para estar contento pero no que a sorte desta vez cebouse con nós. A SEGUIR!

BENXAMÍN 11-0 CÍA. MARÍA

Partido no que a superioridade dos nosos vese no resultado. PARABENS!

ALEVÍN A 6-0 LA SALLE

Partido de dominio absoluto de balón dos nosos ante o equipo colexial que case non tivo ocasión. PARABENS!

ALEVÍN B 6-1 MILLADOIRO D

Partido de variacións e probas e que polo resultado vese que foron eficaces. Mágoa non deixar a portería a cero. PARABENS!

ALEVÍN A 6-3 CÍA MARÍA (APRAZADO)

Partido no que costou entrar pero no que unha vez que entramos non saímos. PARABENS!

FUTSAL:

PREBENXAMÍN 0-1 CALO

Partido ante un rival poderoso no físico pero no que os nosos cativ@s responderon de forma excelente. Mágoa o resultado.

BENXAMÍN 6-5 MILLADOIRO

Foi o partido da xornada. Gran remontada, dende o 0-4 inicial. Os nosos cativ@s souberon repoñer a situación cun xogo coral e unha coraxe envexable. PARABENS!

F11:

CADETE 3-4 LA SALLE

Moi contento co equipo pese o resultado. A SEGUIR

RAAAAACIINGGGGG SAAAAAANNNNN LOOOOREEEEEEENZOOOOO!!

 

Deja un comentario