FÚTBOL BASE: Resumos Xornada 24-25 febreiro

Boas siareiras e siareiros! Un fin de semana máis os nosos participaron no espectáculo do balompé con estes resultados:

F8:

PREBENXAMÍN 0-1 VICTORIA

Partido moi igualado que puido decantarse para calquera, se ben os nosos tiveron dous paus eles marcaron nun contraataque mostrando a súa superioridade física. A SEGUIR!!

BENXAMÍN 5-0 AMIO B

Partido moi controlado polos nosos despregando un bo xogo dende o principio ata o fin. PARABENS!

ALEVÍN B 1-0 CÍA DE MARÍA

Partido trabado dende o comezo sobre todo na primeira parte. Na segunda os nosos saíron con forza e eso notouse, xa que o gol foi por insistencia. Moi ledos polas gañas que puxeron. PARABENS!

F11:

CADETE 2-1 PELETEIRO

Partido no que nos costou entrar, reflectíndose no resultado co 0-1 que xe puxeron. Pouco a pouco os nosos foron asentándose logrando o empate. Na segunda metade ningún dos dous sobresaliu pero xusto na derradeira xogado logramos o gol da victoria. PARABENS!

FUTSAL:

PREBENXAMÍN 1-1 CODIMA

Partido disputado á par que entretido, calquera dos dous pudo levalo. Resultado xusto!

BENXAMÍN 5-0 VILLESTRO

Partidazo onde os nosos non concederon case ocasións e onde chegaron os goles tras boas combinacións. PARABENS!

ALEVÍN 1-5 LA SALLE

Partido de dominio claro do rival, nun partido para aprender dos erros. A SEGUIR TRABALLANDO!

RAAAACINGGGG SAAAAAAN LOOOOREEEEEENZOOOOO!!

 

 

Deja un comentario